Os quimeriformes (Chimaeriformes) son unha orde de peixes cartilaxinosos, o único sobrevivente da subclase Holocephali, que inclúe as quimeras ou tiburóns pantasma. A morfoloxía destes animais coñécese dende finais do Devoniano, pero no presente só sobreviven 47 especies; porén, a relación das formas fósiles coas actuais é aínda incerta.Froese, R. & Pauly, D. (Editors). 2009.

Características O seu estraño aspecto, no que se aprecia unha gran cabeza protuberante, unha boca que se asemella á dun coello e unha longa cola que lembra á dunha rata, valeulles o nome de quimeras, que toman do monstro da mitoloxía grega formado por partes de diversos animais. Acadan tamaños de até dous metros, dos cales a maior parte corresponden á súa desmesurada cola. Unha espiña velenosa situada diante da aleta dorsal permítelles inxectar veleno a calquera animal que o ataque.

A diferenza das quenllas e as raias, as branquias da quimera están agochadas por unha solapa de pel, análoga ó opérculo dos peixes óseos. Os adultos carecen de espiráculo circular (que estaría derivado da primeira abertura branquial), presente unicamente de xeito temporal no desenvolvemento embrionario. Asemade, a mandíbula superior está fusionada co resto do cranio e presentan orificio anal e uroxenital separados.

Historia natural Aliméntanse de moluscos e outros animais do leito mariño. Reprodúcense pondo ovos envoltos nunha fina e longa cápsula.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fotografías de peixes pescados

Categoría:Holocéfalos