O misterio Galíndez (en ) é un filme dirixido por Gerardo Herrero que se estreou no 2003. Baséase na novela de Manuel Vázquez Montalbán Galíndez. Estreouse en galego na TVG o 3 de febreiro de 2012.

Sinopse A finais da década dos 80, Muriel Colbert, unha moza americana, chega a España para traballar na súa tese doutoral sobre Jesús Galíndez, un político independentista vasco exiliado nos Estados Unidos trala Guerra Civil española (1936-1939), e desaparecido en 1956 en estrañas circunstancias. Muriel ponse en contacto cun vello escritor, que lle proporciona información sobre as últimas persoas que viron a Galíndez con vida. Arranca así unha investigación que axiña pasa do ámbito académico ó político, pois os culpables da morte de Galíndez intentarán impedir por tódolos medios que Muriel esclareza e denuncie os feitos.

Personaxes Saffron Burrows como Muriel Colbert Harvey Keitel como Edward Robards Eduard Fernández como Galíndez Guillermo Toledo como Ricardo John Furey como Norman Radcliffe Reynaldo Miravalles como Don Angelito Chete Lera como Diplomático Miriam Learra como Rosa Carlos Padrón como León María Jara

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes de Cuba Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Gerardo Herrero Categoría:Filmes ambientados na República Dominicana Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego