miniatura|Emblema das eleccións (Eleccións 2011) O 4 de decembro de 2011 celebráronse as eleccións lexislativas na Federación de Rusia, para asignar os 450 escanos da Duma Estatal, a cámara baixa da Asemblea Federal de Rusia, o poder lexislativo.
Por primeira vez a Duma Estatal terá un mandato de cinco anos. O mandato anterior era de catro anos.
Nas eleccións participaron sete partidos, todos os partidos rexistrados en Rusia até a data das eleccións, que se distribuíron por sorteo na papeleta electoral do seguinte xeito: Rusia Xusta Partido Liberal-Demócrata de Rusia Patriotas de Rusia Partido Comunista da Federación Rusa Iabloko Rusia Unida Causa Xusta
Para entrar na Duma os partidos deben superar a barreira do 7% dos votos ou superar o 5% ou 6% que garante un e dous escanos respectivamente.
Resultados
Co 99,99% dos votos escrutados Rusia Unida consegue o 49,30% dos votos, o Partido Comunista 19,20%, Rusia Xusta 13,25% e o Partido Liberal-Demócrata o 12,00%. Os demais partidos non conseguen superar a barreira do 7%, nin conseguen o 5%, que lles garantiría un escaño.Предварительные результаты выборов в Госдуму по регионам России
Rusia Unida perde a maioría constitucional, que lle permitía aprobar leis constitucionais sen formar coalición con outros partidos.Коалиция может понадобиться ЕР для принятия конституционных законов
Iabloko, ao superar o 3% dos votos obtén o dereito ao financiamento estatal (20 rublos por voto) e desfrutará de espazo gratuíto na prensa escrita e a televisión do Estado nas próximas eleccións lexislativas dentro de cinco anos. PartidoDistribución dos escanosVotos%± %Escanos±% Rusia Unida 238 -77 52.88% 32 379 135 49.32% -14.98% Partido Comunista 92 +35 20.46% 12 599 507 19.19% +7.62% Rusia Xusta 64 +26 14.21% 8 695 522 13.24% +5.50% Partido Liberal-Demócrata 56 +16 12.45% 7 664 570 11.67% +3.53% Iabloko 0 =0 0.00% 2 252 403 3.43% +1.84% Patriotas de Rusia 0 =0 0.00% 639.119 0.97% +0.08% Právoye delo 0 =0 0.00% 392.806 0.60% +0.60% Total 450 0 100.00% 64 623 062 100.00% Votos inválidos 1 033 464 1.57%Rexistrados (participación: 60.10%) 109 237 780 Fonte: Comisión Central Electoral Rusa
Protestas
O 5 de decembro, os opositores ao goberno comezaron a protestar en Moscova, denunciando a Vladimir Putin, o seu goberno e unhas eleccións que consideraban viciadas. Os activistas argumentaron que as eleccións foran unha farsa e pediron que o Primeiro Ministro, Putin, dimitira, mentres que algúns esixían unha revolución. Á súa vez, os simpatizantes do partido gobernante realizaron contramarchas de apoio.
Notas
Categoría:Eleccións en Rusia Categoría:Eleccións celebradas en 2011