Armond G. Hill, nado o 31 de marzo de 1953 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador asistente de Doc Rivers nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).Armond Hill – Assistant Coach.

Traxectoria deportiva Profesional Tras graduarse no Bishop Ford Central Catholic High School en Brooklyn, Hill foi á Universidade de Princeton, onde xogou para o adestrador Pete Carril. Foi nomeado Xogador do Ano da Ivy League en 1976, e entrou no Draft da NBA. Foi elixido polos Atlanta Hawks, e tivo unha sólida carreira na NBA, acadando 6.9 puntos e 4.3 asistencias por partido nas oito tempadas que xogou na liga. Hill xogou para os Atlanta Hawks, Seattle SuperSonics, San Diego Clippers e Milwaukee Bucks.

Adestrador Tras a súa etapa coma xogador, Hill converteuse en adestrador asistente na Lawrenceville School en Lawrenceville, Nova Jersey. Tres anos despois foi ascendido a adestrador principal. Gañou dous galardóns ó mellor adestrador do ano e en 1990, liderou a Lawrenceville ó campionato escolar de New Jersey State.

En 1991, Hill entrou no nivel universitario para volver a Princeton, onde foi asistente do seu antigo adestrador Pete Carril. En 1995, sucedeu a Jack Rohan coma adestrador principal da Universidade de Columbia. En oito tempadas coma adestrador dos Lions, Hill foi incapaz de rematar unha tempada cun récord de vitorias positivas, e rematou cunha marca de 72-141. O 10 de marzo de 2003, dous días despois de que Columbia rematara cun récord de 2-25, a peor tempada da universidade en 103 anos de historia, Hill foi despedido.

Durante a tempada 2003-04 da NBA, Hill converteuse en asistente de Terry Stotts nos Atlanta Hawks. Tras unha tempada en Atlanta, foi contratado polos Celtics para ser asistente de Doc Rivers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas da súa carreira como xogador Biografía na web dos Boston Celtics

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1953 Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos San Diego Clippers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Adestradores asistentes dos Atlanta Hawks Categoría:Adestradores asistentes dos Boston Celtics Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América