O termo cola pode referirse a:

Derivados do latín caŭdula, diminutivo de caŭda, 'rabo' (dos animais) En zooloxía, cola extremidade posterior do corpo dalgúns animais (e da columna vertebral nos vertebrados), tamén denominada rabo. En aeronáutica, cola, parte posterior da fuselaxe dun avión. En astronomía, cola, apéndice luminoso que adoita observarse nos cometas. En indumentaria, cola, porción de tea que nalgunhas roupas (capas de dignidades civís ou ecesiásticas, vestidos de noiva etc.) se prolonga pola parte posterior e se leva comunmente arrastrando. Por extensión, Parte ou extremidade posterior dalgunha cousa, por oposición á cabeza ou principio. Fileira de persoas ou cousas colocadas unha a continuación doutra. cola ou fila, nome que se dá en informática a un tipo de estrutura de datos. cola de cabalo, nome vulgar co que se coñecen as especies de fieitos da orde das Equisetales. cola de cabalo ou cauda equina, feixe de nervios que rodea o filamento terminal da medula espiñal. cola de cabalo, peiteado no que se ata unha porción dos cabelos desde a súa su raíz, deixándoos caer normalmente sobre a caluga. cola de rata, peiteado caracterizado por unha longa guedella de cabelos que se estende detrás da caluga, contrastando coas demais guedellas que conservan a mesma lonxitude (menor que a da cola).

Derivados do latín colla, e este do grego κόλλα, "goma de pegar" cola, pasta translúcida e pegañenta que se fai xeralmente cocendo despoxos de animais e que, disolvida en auga quente, serve para pegar ou colar. cola de peixe, cola obtida das vexigas natatorias de certos peixes, que é un dos ingredientes principais para a elaboración da xelatina. (Véxase tamén goma, coláxeno e xelatina).

Derivados da voz africana k'ola Cola, xénero de plantas fanerógamas da subfamilia das Sterculioideae da familia das Malvaceae, orixinario de África, entre cuxas especies destaca Cola acuminata, árbore que produce a noz de cola. Cola, semente desta árbore, que contén cafeína, teína, teobromina e outros alcaloides, noz de cola. Cola, produto tónico e estimulante que se extrae desta semente co que se fai a bebida de cola. Coca-Cola, marca comercial rexistrada dunha bebida gasosa azucrada. Pepsi-Cola, marca comercial rexistrada dunha bebida gasosa azucrada. Galicola, marca comercial galega de refresco gasoso azucrado de cola. Cola Cao, marca comercial rexistrada dun cacao en po solúbel.