"Parklife" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como terceiro sinxelo do seu álbum Parklife o día 22 de agosto de 1994. O tema acadou o número 10 da lista británica de sinxelosCancións de Blur na lista británica de sinxelos.. "Parklife" ten partes faladas que foron narradas polo actor Phil Daniels, que tamén aparece novideclip da canción.

"Parklife" gañou o premio ao Mellor sinxelo británico e Mellor vídeo nos Brit de 1995, e foi interpretada na cerimonia de entrega dos premios do ano 2012.

Listaxe de cancións 12" "Parklife" "Supa Shoppa" "To the End" (French Version) "Beard"

CD1 "Parklife" "Supa Shoppa" "Theme from an Imaginary Film"

CD2 "Parklife" "Beard" "To the End" (French Version)

Casete "Parklife" "Supa Shoppa" "Theme from an Imaginary Film"

7" "Parklife" "Supa Shoppa"

Notas

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Blur