miniatura|right|220px|Axente da Garda Costeira (NOAA) revisando aletas de tiburón confiscadas. miniatura|220 px|Poxa de quenlla (Prionace glauca) no porto de Vigo.

Denomínase aleteo de tiburóns (do inglés shark finning) ou simplemente aleteo (finning) á práctica pesqueira que consiste en atrapar tiburóns, cortarlle as aletas e devolvelos mutilados e vivos ao mar, onde inevitabelmente morrerán por asfixia —ao non poderen nadar e conseguir a circulación de auga polas súas branquias—, desangrados ou devorados por outros peixes.

Efectos sobre as especies

Estudos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e de organizacións conservacionistas independentes, estiman que cada ano se capturan entre 100 e 150 millóns de tiburóns. Os tiburóns son presa dos barcos pesqueiros pola crecente demanda de subprodutos (en particular as súas aletas), para o mercado asiático e os restaurantes asiáticos de todo o mundo. A súa demanda para a sopa de aleta de tiburón, de cartilaxe para produtos farmacéuticos —non só da medicina tradicional chinesa—, están provocando unha verdadeira catástrofe ecolóxica para este grupo de peixes. Por iso, o prezo das aletas das especies máis solicitadas pode alcanzar os 600 euros/kg.

Nas últimas décadas moitas especies de tiburóns pasaron a estar ao bordo da extinción debido á sobreexplotación pesqueira non sustentábel e, en particular, pola práctica do finning, que é ilegal en case todo o mundo (a Unión Europea, que xa a prohibira de forma xeral en 2003, recentemente prohibiu tamén as excepcións permitidas ás frotas pesqueiras españolas e portuguesas)".Golpe a la flota gallega al prohibirse cortar la aleta de tiburón a bordo. La Eurocámara rechaza dar excepciones a los barcos españoles y lusos Diario La Voz de Galicia, 23/11/2012.La UE blinda la prohibición de cortar las aletas de tiburones Diario El País (España), 23/11/2012.

As poboacións de tiburóns diminuíron nalgunhas especies nun 90 %. Este declive é máis perigoso para a supervivencia destes peixes debido ás características ecolóxicas dos escualos que os fai moi vulnerábeis á súa captura en masa; trátase de animais que medran lentamente, a súa maduración sexual prodúcese ao cabo de bastantes anos e teñen pouca descendencia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Regulamento (CE) n° 1185/2003 do Consello, de 26 de xuño de 2003, sobre o corte das aletas dos tiburóns nos buques (DOUE L 167, de 4.07.2003) . Modificado por Rgto 605/2013, de 12 de xuño .

Outros artigos Sopa de aleta de tiburón Tiburóns

Categoría:Pesca Categoría:Conservacionismo