José de la Torre Moreiras, nado en Chantada o 21 de xuño de 1918 e finado en Lugo o 21 de febreiro de 1996, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Nado en Chantada, aos poucos anos trasladouse a Cataluña, onde o seu pai era rexistrador da propiedade. Comezou a carreira de Dereito en Barcelona que interrompeu pola guerra. Ao rematar a guerra licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela. Avogado, foi secretario da Cámara de Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, delegado provincial de asociacións e xefe provincial dos servizos xurídicos da xefatura provincial do Movimiento. Foi Presidente da Deputación de Lugo entre 1965 e 1974 e procurador en Cortes en representación da Deputación. Finou en Lugo o 21 de febreiro de 1996.Necrológica en La Voz de Galicia, 22-2-1996, p. 72.

Vida persoal

Casou con Berta Nieto Puíme e foi pai de José Luis, Berta e Germán de la Torre Nieto. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes