Manuel Celso Matalobos Cerceda, nado en Lugo o 1 de abril de 1959, é un escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de catedrático de lingua galega e literatura no IES Lucus Augusti, centro sobre o que leva publicado numerosos traballos de carácter multidisciplinar.
Foi tamén profesor de Didáctica no ICE da Universidade de Santiago, coordinador provincial do Gabinete da Reforma Educativa e coordinador docente de Galego da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Colabora en diversos xornais e revistas, como Dorna, Grial, O Libelo, Pazo das Musas ou Xistral. Ten coordinado edicións de textos escolares para ESO e Bacharelato e a colección Cadernos para o ensino, e, tamén publicou varios traballos sobre autores galegos: Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez Blázquez.
Obras Poesía Prestixio. Versos sen nicotina, 2003, Grafinco. Retratos literarios, 2005, IES Lucus Augusti. Elementos de Arquitectura Senti_MENTAL-ista, 2007, Bubela.
Ensaio Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa, 1985, Concello de Lugo. Lingua e publicidade, 1993, Xunta de Galicia. Humorismo e lírica satírica, 1996, IES Lucus Augusti, vídeo. Olladas ó Lucus Augusti, 2003, Xunta de Galicia. Papel e pincel. Pintores e escultores do Instituto de Lugo, 2004, Xunta de Galicia. Autores do Instituto de Lugo, 2005, Xunta de Galicia. Xosé María Álvarez Blázquez, 2008, Concello de Lugo.
Obras colectivas Vocabulario galego de F. P., 1984, Celta. Actas do Congreso Internacional de Rosalía de Castro, 1986, Consello da Cultura Galega/USC. Escolma poético-musical galega, 1990, Xunta de Galicia, audio-libro. Os escritores lucenses arredor de Fole. Poemas e contos da muralla, 2001, Concello de Lugo. Códice Calixtino, versión en galego, 2009. Dicionario Galego-Latino, clásico e moderno, 2010. Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Fundación, 2011, Bubela.
Premios Premio Buril'' das Letras Galegas en Burela, no 1986. Premio de Materiais Curriculares da Xunta de Galicia no 1992. Premio Rosalía de Castro de Cornellà no 1993.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do autor en Galegos
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores do IES Lucus Augusti