Acontecementos 10 de xaneiro, na localidade de Delft, na Holanda Meridional, publícase a Biblia de Delft, a primeira en lingua neerlandesa. 6 de febreiro, os otománs incendian Varadin, en Croacia, cuxa poboación sae masacrada. 4 de abril, Lois XI de Francia crea a formación a Unión de Constanza. 17 de maio, O papa Sisto IV recoñece oficialmente a Orde dos Mínimos. 18 de xullo, Execución do visir otomán de orixe grega Mahmoud Pacha, sospeitoso de ter negociado con Venecia entre 1469 e 1473 para restaurar ao seu beneficio o Imperio Bizantino. 25 de xullo, Eduardo IV de Inglaterra e o Duque da Borgoña formalizan unha unión para a partición de Francia. 15 de agosto, Masacre de xudeus en Módica, en Sicilia. 25 de outubro, Os Cantóns suízos decláran a guerra ó Duque da Borgoña. 13 de novembro, Acontece a Batalla de Héricourt, na que os habitantes da Alsacia rebélanse contra Pedro de Hagenbach. 13 de decembro, Isabel I de Castela é proclamada raíña en Segovia trala morte de Henrique IV.
Ciencia e tecnoloxía 19 de marzo, A primeira lei de patentes é promulgada en Venecia.
Nacementos 8 de setembro - Ludovico Ariosto, poeta italiano (m. 1533). Bartolomé de las Casas (m. 1566).
Mortes 27 de novembro, Guillaume Dufay, compositor francés. 11 de decembro, Henrique IV de Castela. Gomes Eanes de Zurara, cronista portugués (data probábel) (n. ca. 1416).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1474