Galicia Textil SA é unha empresa galega con sede en Xuvia, Neda (A Coruña) actualmente propiedade da empresa Textil Santanderina SA.
Historia miniatura|esquerda|200px|Instalacións á beira do río Xuvia, á dereita; á esquerda o muíño.
Despois do peche das instalacións como fábrica de moeda, o 9 de novembro de 1876 Francisco de Barcón y Quevedo compra ao Estado a Real Fábrica de Moeda e Cobrería de Xuvia xunto con todo o predio. Creando alí unha fábrica de fiados e tecidos, baixo o nome de Barcón & Cía. a empresa foi inaugurada o 10 de marzo de 1878. O 19 de febreiro de 1928 Barcón vende a fábrica a Dionisio Tejero Pérez coa que funda a firma Galicia Industrial. O 1 de xaneiro de 1956, Galicia Industrial troca de nome ao ser absorbida pola firma Dionisio Tejero, S.A. O 1 de marzo de 1982 un grupo téxtil formado por: Textil Santanderina S.A., Vic Industrial S.A. e Gerona Textil S.A. compran a fábrica creando a actual Galicia Textil S.A.
A empresa explota unha central eléctrica no río Xuvia de 200 kW.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Real Casa da Moeda de Xuvia Historia da moeda en Galicia Moeda cuñada en Galicia
Ligazóns externas Páxina web da Empresa
Bibliografía Esperanza Casado Aguado. La venta en subasta de las Casas de Moneda de Madrid, Sevilla, Segovia y Jubia (1866-1883) Marzo, 2001
Categoría:Empresas de Galicia