Un viveiro é o conxunto de instalacións agronómicas no que se plantan, xermolan, madurecen e endurecen todo tipo de plantas. Adóitaselle dar tamén o nome de viveiro aos establecementos comerciais que só venden plantas ornamentais(sen produción).

Infraestrutura Calquera viveiro de mediana produción require de, alo menos, un:

Umbráculo, lugar abeirado dos raios directos do sol, choiva e ar. A proteccion pode ser con láminas translúcidas ou coa follaxe de certos tipos de plantas rubideiras. Invernadoiro de policarbonato Invernadoiro de vidro Encoro Terreo de cultivo ao ar libre

E, en casos máis complexos, pode posuír: Laboratorios Lisímetro de pesada Estación meteorolóxica Coutadas experimentais

Substrato empregado Xeralmente trátase de turba rubia, ou ben mesturas destas con vermiculita, perlita, la de roca ou fibra de coco.

Rega Crucial para o bo desenvolvemento da cultura, se ben demasiada pode ocasionar micose e outras doenzas fúnxicas.

Adobo Empréganse fertilizantes de liberación lenta ou líquidos a base de N-P-K ou microelementos. Tamén se empregan algúns biostimulantes, starters (iniciadores), enraizantes a base de aminoácidos e algas.

Contedor Na fase de alcouve adoita tratarse de bandexas de 60 alvéolos de 240 cc onde a cepeira pode posuír unha forte raíz primaria non espiralada e multitude de raíces secundarias. Durante o desenvolvemento da planta esta se transplanta a contedores maiores, até de varios litros.

Luz Necesaria para a fotosíntese e para evitar micose. A selección de lonxitudes de onda do seuespectro electromagnético ha ser controlada en invernadoiros e umbráculos.

Temperatura e humidade ambiental Xa que afecta ao grao de transpiración e evaporación.

Presenza de micorrizas Que facilitan o desenvolvemento de biomasa vexetal e a súa resistencia ao estrés hídrico.thumb|220px|right|Viveiro en no Estado de Nova York Tipos de viveiros De plantas ornamentais De especies forestais De especies agrícolas

Véxase tamén

Outros artigos Alcouve

Categoría:Xardinaxe