thumb|150px|Vertumno e Pomona (Museo Fabre de Montpellier). thumb|Filipe de Borbón-Parma na súa infancia (Museo de Belas Artes de Budapest).
Jean Ranc, nado en Montpellier o 28 de xaneiro de 1674 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1735, foi un retratista barroco francés, que serviu na corte de Lois XV de Francia e de Filipe V de España.
Traxectoria Alumno e seguidor de Hyacinthe Rigaud, desde 1723 colocouse como pintor de cámara na corte do monarca español Filipe V, de orixe francesa.
Mantivo serias disputas co seu colega Michel-Ange Houasse por celos artísticos e desexos de sobresaír na Corte. O incendio do Alcázar de Madrid, ocorrido no Nadal de 1734, que destruíu por completo a antiga residencia dos Austrias, iniciouse na habitación de Ranc, que tiña problemas de visión. No lugar que ocupaba dito edificio construíuse o actual Palacio Real de Madrid. Jean Ranc morreu seis meses despois do incendio, sumido nunha forte depresión.
A súa obra Vertumno e Pomona (Montpellier, Museo Fabre), arquetipo da beleza barroca no século XVIII, puido ter inspirado algún dos cartóns para tapices de Francisco de Goya, como O parasol.
Galería
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Ranc en artehistoria.com
Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Nados en 1674 Categoría:Finados en 1735 Categoría:Pintores de Francia Categoría:Pintores do século XVIII