Xosé Lois Rúa Núñez, tamén coñecido como Cambalán, nado en Campobecerros (Castrelo do Val) en 1951 e finado o 30 de xullo de 2025, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como xornalista en diversos medios, como La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa Terra, a Axencia EFE e a delegación en Ourense da Radio Galega, ademais de El Sol, Radio Popular de Ourense, Radio Noroeste e Radio Galega. Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega.

Obras Poesía O lobo nos outeiros (1996). Concello de Ourense. Ten un prólogo escrito polo tamén poeta ourensán Víctor Campio Pereira, e ilustracións da pintora ourensá Mané Boán. O tránsito da auga (2002). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788484850663. Recolle poemas escritos entre 1996 e 1998. Elexías do Camba (2003). Culleredo: Espiral Maior. 144 páxs. ISBN 84-95625-79-2. Recolle poesías escritas entre os anos 1998 e 2000. Prólogo do profesor Aquilino Alonso Núñez, da Universidade de Vigo. Memoria dos ríos perdidos (2009). Culleredo: Espiral Maior. 149 páxs. ISBN 978-84-92646-16-6. Reúne poemas escritos entre os anos 1999 e 2002.

Premios Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no 1995. Premio de Xornalismo Xosé María González Tojal da UXT de Ourense no 1997. Premio de poesía Cidade de Ourense no 1995. Premio de poesía Cidade de Ourense no 2001, por Elexías do Camba. XIV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2001, por O tránsito da auga. Medalla de Ouro da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense no 2012. Pola súa contribución ó coñecemento da lingua e da cultura tradicionais de Galicia, en especial, da música popular, sobre todo da gaita.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Castrelo do Val Categoría:Nados en 1951

Categoría:Finados en 2025

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón