O Eoceno, unha división da escala temporal xeolóxica, é unha época xeolóxica da historia da Terra, a segunda do período paleóxeno na era cenozoica.

Comprende o tempo entre o final do Paleoceno (hai 55,8 ± 0,2 millóns de anos) e o principio do Oligoceno (hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos).Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.International Stratigraphic Chart, 2008

Durante esta época formáronse algunhas das cordilleiras máis importantes do mundo, como os Alpes ou o Himalaia, e aconteceron varios cambios climáticos importantes como o máximo térmico do Paleoceno-Eoceno, que aumentou a temperatura do planeta e delimita o inicio desta época xeolóxica, o evento Azolla, un arrefriamento global que daría paso ás primeiras glaciacións, ou eventos de extinción masiva como a Gran Ruptura (en francés Grande Coupure, que marca o final do eoceno.

As aves predominaban sobre os demais seres, e os primeiros cetáceos comezaron o seu desenvolvemento. Ademais, a especie de serpente máis grande que existiu data do eoceno. Nesta época xeolóxica produciuse tamén unha grande expansión e diversificación das formigas. A Antártida comezou a época rodeada de bosques tropicais, e o finalizou coa aparición dos primeiros casquetes polares. Existen multitude de xacementos paleontolóxicos en diversos lugares do mundo que confirman estes feitos, como o sitio fosilífero de Messel, en Alemaña, ou a Formación Green River, en Norteamérica.

Etimoloxía O nome eoceno, definido polo xeólogo británico Charles Lyell, provén das palabras gregas ἠώς eós, 'alba' e καινός kainós, 'novo', facendo referencia á aparición das ordes modernas de mamíferos durante esta época.

Subdivisións O Eoceno adoita subdividirse informalmente en Eoceno inferior (ypresiense), Eoceno medio (luteciense e bartoniense), e Eoceno superior (priaboniense). É menos frecuente subdividilo en inferior e superior unicamente. Neste caso, o luteciense pasaría a formar parte do Eoceno inferior, mentres que o bartoniense faría o propio no Eoceno superior.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía López Martínez, Nieves (1998): Geologia y paleontologia del Eoceno de La Pobla de Segur, Lleida. Lleida: Universitat de Lleida. ISBN 84-89727-60-0. Aubry, Marie-Pierre Aubry; William A. Berggren e Spencer G. Lucas (1998): Late Paleocene-Early Eocene Biotic and Climatic Events in the Marine and Terrestrial Records. Columbia University Press. ISBN 0-231-10238-0. Gunnell, Gregg F. (2001): Eocene Biodiversity: Unusual Occurrences and Rarely Sampled Habitats. Kluwer Academic Pub. ISBN 0-306-46528-0. Nesbitt, Elizabeth; Donald R. Prothero e Linda C. Ivany (2003): From Greenhouse to Icehouse: The Marine Eocene-Oligocene Transition. Columbia University Press. ISBN 0-231-12716-2. Prothero, Donald R. (1993): The Eocene-Oligocene Transition: Paradise Lost. Columbia University Press. ISBN 0-231-08091-3. Prothero, Donald R. e Robert J. Emry (1996): The Terrestrial Eocene-Oligocene Transition in North America. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43387-8.

Outros artigos Xeoloxía histórica

Ligazóns externas Eoceno na web de Celestia Paleomapa do eoceno A vida no eoceno The Eocene and the Eocene-Oligocene transition Wadi Al-Hitan (Whale Valley) na web do Patrimonio da Humanidade da UNESCO Formación Green River Sitio fosilífero de Messel (en alemán)

Categoría:Xeoloxía Categoría:Escala de tempo xeolóxico Categoría:Eoceno