A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) é unha institución española fundada en xuño de 1977 que representa o empresariado español, integrando empresas públicas e privadas de todos os sectores. Centra o seu labor en axudar os empresarios en contraposición co labor dos sindicatos. A afiliación realízase a través de 2.000 asociacións de base e 200 organizacións territoriais e sectoriais.

CEOE é membro de BusinessEurope, patronal que agrupa as organizacións empresariais europeas, ostentando unha das súas vicepresidencias.

En relación co seu financiamento, a CEOE, como tamén os sindicatos españois, recibe subvencións públicas, do goberno central e das comunidades autónomas.¿Una CEOE que ‘Fomente el Trabajo’?, Expansión, 5/10/2010La CEOE, un gran negocio engrasado con dinero público, 10/10/2010

Lista de presidentes

Carlos Ferrer Salat (1977-1984), presidente fundador José María Cuevas Salvador (1984-2007) Gerardo Díaz Ferrán (2007-2010) Joan Rosell (2010-)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Confederación Española de Organizaciones Empresariales .

Categoría:Asociacións empresariais Categoría:Economía de España