The Darkness é unha banda inglesa de glam rock procedente de Lowestoft, Suffolk, e fundada no ano 2000. O grupo está composto por Justin Hawkins (voces e guitarra), o seu irmán Dan Hawkins (guitarra e coros), Frankie Poullain (baixo e coros) e Ed Graham (batería), e caracterízase polas súas influencias do rock clásico e as súas elaboradas actuacións.

Traxectoria The Darkness fixéronse famosos co lanzamento do seu álbum de estrea, Permission to Land, no ano 2003. Respaldado polos sinxelos "I Believe in a Thing Called Love", "Growing on Me", "Get Your Hands off My Woman" e "Love is Only a Feeling", o disco foi certificado cuádruplo platino no Reino Unido, con vendas de máis de 1.300.000 exemplares. No ano 2004 a banda gañou tres premios Brit: Mellor grupo británico, Mellor artista de rock británico, e Mellor álbum británico.

Despois de xirar extensamente promovendo o seu primeiro disco, Poullain deixou a banda no ano 2005, sendo substituído polo antigo técnico de guitarras Richie Edwards. O segundo álbum de estudio, One Way Ticket to Hell... and Back, foi publicado en novembro do ano 2005. No ano seguinte Justin Hawkins abandonou o grupo despois de completar con éxito un curso de rehabilitación polos seus problemas co alcohol e a cocaína. Como resultado, o resto dos membros formaron Stone Gods, e continuaron actuando e gravando sen Hawkins, que posteriormente lideraría o seu propio proxecto, Hot Leg.

O 15 de marzo de 2011 The Darkness anunciou concertos de reunión co baixista orixinal Frankie Poullain. O seu terceiro, Hot Cakes, álbum foi publicado o 20 de agosto do 2012.

Discografía Permission to Land - 2003 (Atlantic Records) One Way Ticket to Hell... and Back - 2005 (Atlantic Records) Hot Cakes - 2012 (Canary Dwarf, Play It Again Sam, Wind-Up) Last of Our Kind - 2015 (Canary Dwarf)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais do condado de Suffolk Categoría:Grupos musicais de glam metal Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de glam rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 2000 Categoría:Grupos musicais separados en 2006 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2011 Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello