Jean Casimir-Perier, nado en París en 1847 e finado na mesma cidade en 1907, foi o quinto presidente da Terceira República Francesa.

Carreira política En 1874 elixírono concellal xeral do departamento de Aube e designárono á cámara de deputados do mesmo departamento nas eleccións xerais de 1876. Reelixírono para ese cargo ata a súa presidencia. A pesar da tradición da súa familia uniuse ao grupo republicano de esquerda. Negouse a votar a favor da expulsión da princesa en 1883, e renunciou á deputación trala aprobación da lei debido á súa relación persoal coa Casa de Orleáns.

O 17 de agosto de 1883 converteuse en subsecretario do Ministerio de Guerra, posto no que estivo ata o 7 de xaneiro de 1885. Entre 1890 e 1892 foi vicepresidente da cámara, en 1893 pasou a ser o presidente. O 3 de decembro converteuse en primeiro ministro ocupando o departamento de asuntos exteriores, renunciou en maio de 1894 e reelixírono presidente da cámara.

O 24 de xuño de 1894, tralo asasinato do presidente Carnot, elixírono presidente da república con 451 votos a favor contra 195 de Henri Brisson e 97 de Charles Dupuy. A súa presidencia durou só seis meses. A renuncia do ministro Dupuy o 14 de xaneiro de 1895 sueguina o día seguinte a do presidente. Casimir-Perier explicou que se debía a que se sentía ignorado por parte ministros, xa que non o consultaban antes de tomar decisións e non o tiñan informado sobre os eventos políticos, especialmente en asuntos exteriores.

Trala política Dende ese momento abandonou completamente a política e dedicouse aos negocios, especialmente a minaría. En 1889 en plena crise política o presidente Loubet propúxolle volver a presidir a asemblea, pero el rexeitou o ofrecemento. Morreu en 1907 dunha anxina de peito.

Categoría:Nados en 1847 Categoría:Nados en París Categoría:Presidentes de Francia Categoría:Primeiros ministros de Francia Categoría:Finados en 1907