Mariano Jamardo Kristman, nado en Rois en 1865 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 1897Necrolóxica en El Pensamiento Gallego, 16-1-1897, p. 2., foi un xornalista galego.
Traxectoria Cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela. Ao rematar os estudos de Teoloxía marchou a Madrid, onde gañou un posto de capelán da Armada que non chegou a ocupar por non terse ordenado finalmente sacerdote. De ideoloxía carlista, foi director de El Pensamiento Galaico (1890-1892) substituíndo a Juan Vázquez de Mella. Despois foi redactor de El Correo Español de Madrid e correspondente en Madrid de El Pensamiento Gallego ata a súa morte.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Rois Categoría:Nados en Rois Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público