Ventdelplà foi unha serie dramática creada por Josep Maria Benet i Jornet e producida por Diagonal TV para Televisió de Catalunya, que se emitiu por TV3 durante sete temporades entre o 14 de febreiro de 2005 e o 17 de outubro de 2010.

Argumento O argumento vira ao redor de Teresa, unha muller maltratada polo seu marido que foxe de Barcelona cara a Ventdelplà onde ten un tío, Gustau. Aínda que ao principio ten a intención de vender a casa e volver a Barcelona, queda en Ventdelplà. A serie narra as vidas da xente do pobo.

Teresa Clarís é unha ama de casa, casada cun avogado de prestixio de Barcelona. Ten dous fillos, de 15 e 8 anos, e a carreira de médico terminada. O seu marido pronto lle fai deixalo todo para ocuparse dos fillos e sobre todo del. Cando quere recuperar algo de independencia, todo complícase. Debe fuxir e refuxiarse temporalmente en casa do seu tío Gustau, en Ventdelplà.

Localización A maioría das escenas exteriores de Ventdelplà foron rodadas na vila de Breda, na comarca catalá da Selva. As escenas que teñen lugar na cidade (Barcelona ou Xirona), rodáronse xeralmente en Sant Celoni.

Repartimento Teresa Clarís Trias: Emma Vilarasau Biel Delmàs Clarís: Carlos Cuevas Isona Delmàs Clarís: Georgina Latre Martí Estelrich: Nao Albet Jaume Estelrich: Miquel Gelabert David Estelrich: Ramon Madaula Dora Parramon: Imma Colomer Nuri Soler: Anna Barrachina Julià Cervera: Marc Cartes Roser Figueras: Rosa Vila Josep Monràs: Pep Cruz Mònica Monràs Llorente: Mar Ulldemolins Ramiro González: Boris Ruiz Marcela Úbeda: Isabel Rocatti Raquel Busquets: Marta Solaz Cristina Llopard: Clàudia Cos Sergi Llopard: Lluís Marco Elisabet: Anna Azcona Tomàs Rossinyol: Francesc Orella Jordi Vergés: Abel Folk Berta: Rosa Gàmiz Enric Comellas: Pablo Derqui Roger: Bernat Grau Clara: Mònica Glaenzel Xavi Jordana: Dafnis Balduz Ricard Trias : Roger Casamajor

Capítulos e audiencias Tempada Espectadores Share Primeira 742.000 25,4% Segunda 814.000 26,7% Terceira 764.000 24,0% Cuarta 725.000 23,7% Quinta 640.000 21,0% Sexta 629.000 20,0% Sétima 490.000 16,3% Media 686.000 22,4%

Premios Premio da Academia da Televisión ao mellor programa autonómico de ficción de 2007.

Adaptacións Houbo unha adaptación galega da serie, Valderrei, que foi emitida pola Televisión de Galicia entre o 27 de febreiro e o 29 de xuño de 2007.

O 4 de xaneiro de 2010, a cadea de televisión privada bTV de Bulgaria estreou a versión dobrada a lingua búlgara de Ventdelplà.'Ventdelplà' chega á televisión búlgara. Tamén poden escoitarse, por debaixo, as voces orixinais dos actores en catalán.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Ventdelplà en IMDb

Categoría:Series de televisión en lingua catalá Categoría:Series de televisión de Cataluña Categoría:Series de Televisió de Catalunya