Fernando Cervigón, nado en Valencia, España, é un oceanógrafo e ictiólogo hispano-venezolano.
Traxectoria Realizou os seus estudos de licenciatura e doutoramento en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Barcelona. Foi director científico da Estación de Investigaciones Marinas de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da "Fundación La Salle" (1961-1970). Posteriormente exerceu como profesor–investigador na Universidade de Oriente (1970-1980), onde ocupou o cargo de director do Instituto Oceanográfico de Cumaná (1973-74), e do Centro de Investigaciones Científicas do Núcleo de Nueva Esparta, até 1980, xubilándose como Profesor Titular en 1990.
Foi comisionado pola oficina rexional da UNESCO para ditar cursos e conferencias en varios países de Iberoamérica, e Consultor da FAO en 1977-78 e 1991. En 1983 creou a Fundación Museo del Mar da Illa de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da que é presidente vitalicio, inaugurándose o Museo Marino de dita fundación en 1994."Especies únicas en Margarita" por Joan Izaguirre. El Universal, 22/11/2004. Consltada o 16/12/2012.
Ao longo dos máis de 50 anos de vida científica descubriu e describiu numerosas especies de peixes, entre elas o peixe porco do CaribeOxynotus caribbaeus na Lista Vermella da IUCN Consultada o 16/12/2012. e é autor de numerosas obras sobre os peixes e o medio ambiente oceánico de Venezuela.
Obra Entre as súas obras científicas é de destacar Los peces marinos de Venezuela, publicada en cinco volumes entre os anos 1991 e 2000.Arturo Acero (1993): "Los Peces Marinos de Venezuela Volumen 1", Copeia (Sociedad Americana de ictiólogos y herpetólogos) 1993 (1): pp. 248–249.
Moi compenetrado coa cultura e o sentir margariteños, ademais dos seus traballos científicos publicou numerosas obras relacionadas con aspectos da natureza e a idiosincrasia humana dos insulares, interesándose tamén pola historia rexional e a súa proxección nacional dn Venezuela. Entre estes temas merecen destacarse: Paraguachoa (1977) La Carpintería de Ribera en la Isla de Margarita (1988) Cubagua 500 años (1997) Las perlas en la historia de Venezuela (1998)
Honras e distincións Premio Nacional de Ciencias (1988). Individuo de número da Academia de Ciencias Físicas, Matemáticas y Naturales (2002). Medalla de primeira clase da Orde Andrés Bello (1988) Grande Oficial da Orde del Libertador (1994).
É fillo adoptivo dos Municipios Península de Macanao e Tubores, do Estado Nueva Esparta, e foi declarado fillo ilustre do mesmo estado pola Asemblea Rexional en 2003.
Abreviatura A abreviatura Cervigón utiliízase para referirse a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Academia de Ciencias Físicas, Matemáticas y Naturales de Venezuela. Biografía de Fernando Cervigón Consultada o 16/12/2012. Ligazóns externas ACFMNV. Homenaje a Fernando Cervigón en sus 50 años de vida científica Consultada o 16/12/2012. Obras de Fernando Cervigón en GoogleBooks. Consultada o 16/12/2012. Vídeo de Fernando Cervigón. Publicado por El Sol de Margarita o 19/06/2012. Consultado o 16/12/2012.
Categoría:Nados en Valencia Categoría:Oceanógrafos de España Categoría:Biólogos de España Categoría:Biólogos de Venezuela Categoría:Zoólogos de España Categoría:Zoólogos de Venezuela Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Oriente (Venezuela)