O tiburón loboLahuerta e Vázquez (2000), p. 182. Carcharhinus plumbeus, é unha especie de tiburón da familia dos carcarrínidos (Carcharhinidae) que vive nos océanos Atlántico (incluíndo o mar Mediterráneo), Índico e Pacífico.

Distínguese pola súa aleta dorsal que é máis alta que a doutros tiburóns.Ferrari, Andrea e Antonella Ferrari (2002): Sharks. New York: Firefly Books. ISBN 1-55209-629-7

Características miniatura|esquerda|200px|Tiburón lobo pescado no Atlántico.

O tiburón lobo é un dos máis grandes tiburóns costeiros do mundo. As femias poden chegar aos 2-2,5 m de lonxitude, e os machos até 1,8 m. Ten o fociño arredondado, e máis curto que a media noutros tiburóns. Os dentes superiores teñen en xeral as cúspides irregulares, con bordos afiados. A primeira aleta dorsal é moi alta, e de forma triangular. A segunda aleta dorsal e anal están moi próximas unha doutra. A súa cor pode variar, nas partes superiores, desde un azulado a un gris apardazado con tonalidades de bronce; as inferiores son de cor branca ou amarela pálida.

Historia natural Hábitat Os tiburóns lobos nadan sos ou ben reunidos en grupos de tamaño variábel, separados por sexos.

Encóntranse comunmente sobre fondos lamentos ou areosos en augas costeiras pouco profundas, tales como baías, esteiros e até en portos, pero tamén nadan en augas máis profundas (200 m ou máis).

Viven en augas tropicais e temperadas de todo o mundo, ao oeste do Atlántico, desde Massachusetts até o Brasil; os xuvenís, son comúns e abundantes na parte baixa da baía de Chesapeake (Virxinia), e as zonas de cría se encontran desde a baía de Delaware até Carolina do Sur. Outras zonas de cría coñecidas son Marmaris e Muğla, en Turquía.

Alimentación Mostran preferencia pola captura de presas pequenas de hábitos bentónicos. Comen peixes planos (curuxos, linguados etc.) corvinas (esciénidos), anguías, muxos, robalizas, polbos e lagostas.

Reprodución miniatura|230px|Debuxo dun tiburón lobo. O tiburón lobo é unha especie ovovivípara, con camadas de 15 a 20 crías.

Estado de conservación Segundo a IUCN, o status do tiburón touro en 2012 era de VU (especie vulnerábel).Carcherhinus plumbeus na Lista vermella da IUCN. Versión febreiro de 2012.

En Galicia Segundo Rodríguez Villanueva et al. (1992), o tiburón touro é visitante ocasional das augas galegas.Rodríguez Vi9llanueva et al. (1992), p. 91. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Tiburóns Carcarriniformes Carcarrínidos

Ligazóns externas Carcharhinus plumbeus en ITIS. (en inglés) Consultada o 18/12/2012. Carcharhinus plumbeus en FishBase. Consultada o 18/12/2012. Carcharhinus plumbeus en NCBI. Consultada o 18/12/2012.

Categoría:Carcarrínidos Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1827