O Parque Natural da Serra e dos Canóns de Guara atópase na Comunidade Autonómica de Aragón, distribuído ó longo das comarcas de Alto Gallego, Hoya de Huesca, Sobrarbe e Somontano de Barbastro.

Xeografía A Serra de Guara é unha muralla calcaria que delimita o límite meridional dos Pireneos Oscenses. Na parte central desta Serra atópase o Parque Natural. Sendo este o de maior extensión de Aragón e Espazo de Especial Protección para as Aves (ZEPA). O territorio e paisaxe caracterízanse pola súa complexidade xeolóxica debida á acción erosionadora do vento e a auga nun terreo calcario sumamente permeable e poroso. Así son comúns os canons percorridos por ríos, os acantilados, os barranquos, os Rochedos calcarios coma o Salto de Roldán, as covas, saltos de auga e vales.

Fauna e flora Salientar a variada flora e fauna autóctona, sendo un dos territorios máis importantes de Europa en canto á conservación das aves rapaces. Aquí o Quebraosos ten un dos seus refuxios máis importantes. Entre a flora destacar as plantas rupícolas coma a Orella de Oso e a Coroa do Rei. Ademais hai que engadir o gran valor do patrimonio artístico, subliñable pola presenza de restos de pinturas rupestres e construcións megalíticas.

Véxase tamén

Ligazóns externas O Parque de Guara na web Rede Natural de Aragón . O Parque de Guara na Web Autonómica de Aragón . O Parque de Guara na Web da comarca Somontano de Barbastro .

Serra e Canons de Guara