O Reagrupamento Democrático Africano (en francés Rassemblement démocratique africain ) foi unha federación de partidos africanos fundado en Bamaco (18-21 de outubro de 1946) por Félix Houphouët-Boigny e Modibo Keïta, foi o primeiro movemento político panafricano da África francófona. Formouse logo da IV República francesa permitira o envío a Francia de representantes africanos na Asemblea Nacional e como consecuencia as forzas nacionalistas dos diferentes territorios franceses en África decidiron establecer unha estrutura común para a conquista dos seus dereitos e a formación dun bloque no Parlamento, primeiro afiliada co Partido Comunista Francés e a partir de 1950 achegouse á Unión Democrática e Socialista da Resistencia.
Partidos Costa do Marfil: Partido Democrático de Costa do Marfil Alto Volta: Partido Democrático Voltaico, desde 1957 Unión Democrática Voltaica Sudán Francés (actual Malí): Unión Sudanesa Camerún: Unión das Poboación do Camerún (expulsado en 1951 por non romper co PCF) Senegal: Unión Democrática Senegalesa Guinea: Partido Democrático de Guinea Níxer: Partido Progresista Nixerino Chad: Partido Progresista Chadiano Congo: Partido Progresista Congolés, substituído en 1958 pola Unión Democrática de Defensa dos Intereses Africanos Gabón: Comité Mixto Gabonés, logo de 1954 Bloque Democrático Gabonés
Categoría:Partidos políticos Categoría:África