Batman e Robin (en ) é un filme estadounidense dirixido por Joel Schumacher que se estreou en 1997. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.
Sinopse Os experimentos do doutor Victor Fries para conserva-la vida da súa esposa con técnicas crioxénicas, orixinaron un erro fatal que o converteu en Míster Frío, un malvado que precisa manter o seu corpo a temperaturas glaciais e que intentará conxelar a tódolos habitantes da cidade de Gotham. Ademais, a tímida botánica Pamela Isley transfórmase na terrible Hedra Velenosa no transcurso dun experimento, quen quererá asasinar a tódolos seres humanos para que as plantas recuperen a súa hexemonía sobre a Terra. Batman e o seu compañeiro Robin deberán enfrontarse a eles para facer fracasar os seus plans.
Personaxes Arnold Schwarzenegger como Dr. Victor Fries / Mr. Freeze George Clooney como Bruce Wayne / Batman Chris O'Donnell como Dick Grayson / Robin Uma Thurman como Dr. Pamela Isley / Poison Ivy Alicia Silverstone como Barbara Wilson / Batgirl Michael Gough como Alfred Pennyworth Pat Hingle como Comisario James Gordon John Glover como Jason Woodrue Elle Macpherson como Julie Madison Vivica A. Fox como Ms. B. Haven Vendela Kirsebom como Nora Fries Elizabeth Sanders como Gossip Gerty Robert "Jeep" Swenson como Bane Michael Paul Chan como Dr. Lee
Galardóns e nomeamentos 1997: Premio Razzie á peor actriz secundaria. 11 nomeamentos, incluíndo peor filme e director.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joel Schumacher Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Otava Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes rodados en Dallas, Texas Categoría:Filmes rodados en Viena Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego