Galeras é un volcán do sur de Colombia. Está situado a 9 km. da cidade de Pasto, capital do departamento de Nariño. No seu contorno encóntrase o santuario de Flora e Fauna do seu mesmo nome. A súa denominación dada polos conquistadores españois débese a que o seu deseño lles pareceu semellante ao dos condenados a traballos forzados na España desa época. Os aborixes chamábanlle no seu dialecto Urcunina, que significa montaña de lume.

Uns trazos fisiográficos característico do volcán Galeras é que posúe outros cráteres próximos máis pequenos, non ten glaciares e o seu volume está sen calcular.

É un dos volcáns de maior actividade en Colombia e o que ten maiores informes históricos, con noticias de erupcións importantes desde o século XVI. A súa actividade fíxose maior a inicios de 1988. O 14 de xaneiro de 1993, mentres un grupo de xeólogos recollía mostras como parte das actividades dun congreso de Vulcanoloxía, o volcán presentou un evento eruptivo no cal pereceron seis persoas. O 24 de novembro de 2005 unha erupción menor provocou a evacuación das aldeas próximas e que a cidade de Pasto quedara cuberta de cinza, ao longo de 2009 producíronse varias erupcións.

Véxase tamén Ligazóns externas Ingeominas, Volcán Galeras Parques Nacionais de Colombia Guía de Preparativos de Saúde Fronte a Erupcións Volcánicas Informes OPS

Categoría:Volcáns de Colombia Categoría:Montañas de Colombia