Três Lagoas é un municipio do Estado brasileiro de Mato Groso do Sur. Sitúase ao leste do estado, na divisa co estado de São Paulo ás marxes do río Paraná, a 337 km de Campo Grande, ao cal se liga pola estrada BR-262, e a 680 km da cidade de São Paulo, á cal se liga pola moderna estrada SP-300.

miniatura|esquerda|257px|A cidade de Três Lagoas. Situada nunha excelente localización xeográfica grazas ao río Paraná, as estradas e á pasaxe do ferrocarril e do gasoduto que ligan o Brasil a Bolivia, a cidade é un punto de concentración de transportes e almacéns de cargas en xeral, especialmente os produtos agropecuarios producidos na cidade e no seu contorno. As principais industrias da cidade son as téxteis, de calzados e de metalurxia. A cidade ten enerxía hidroeléctrica xerada polo río Paraná e tamén por unha central termoeléctrica. O turismo non é moi expresivo na súa economía, e en xeral constitéese de visitantes interesados na pesca fluvial.

Véxase tamén

Ligazóns externas Municipio de Três Lagoas Facultades Integradas de Três Lagoas UFMS Campus Três Lagoas

Categoría:Cidades de Mato Groso do Sur