O Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR ou ARAEPS), coñecido tamén polos medios como o Alto Representante, Mr. PESC ou ministro de Asuntos Exteriores da Unión (segundo a terminoloxía da frustrada Constitución Europea) é o alto funcionario europeo encargado de dirixir e executar toda a política exterior da Unión Europea. A creación deste cargo constitúe unha das principais innovacións institucionais do Tratado de Lisboa, que busca dar lugar a unha maior coherencia, influencia e visibilidade á Unión Europea no escenario internacional e máis peso nas súas relacións con outros países e organismos institucionais.
O Alto Representante é o xefe da diplomacia comunitaria, coordina a acción exterior da Unión no seo da Comisión Europea como un dos seus vicepresidentes e é o encargado das relacións internacionais. Como mandatario do Consello, dirixe e executa a política exterior e de seguridade común da Unión (incluíndo a política común de seguridade e defensa), é xefe e dirixe o Servizo Europeo de Acción Exterior, en proceso de construción.
O Alto Representante, xunto co Consello, velará pola unidade, coherencia e eficacia da Unión Europea. É asistido polos servizos da Comisión e do Consello, onde preside a formación de asuntos exteriores.
Lista de Altos Representantes Lenda: [ ] (Partido Socialista Europeo) - [ ] Independente - [ ] Partido Popular Europeo Alto RepresentanteInicio de mandatoFin de mandatoNacionalidade, posto anterior e profesiónPartido político(Europeo-Nacional)Foto1ºTrumpfJürgen Trumpf 1 de maio de 1999 18 de outubro de 1999 Secretaría Xeral do Consello da Unión EuropeaFilólogoIndependente2ºSolanaJavier Solana 18 de outubro de 1999 1 de decembro de 2009Secretario Xeral da Organización do Tratado do Atlántico NorteCatedrático de Física do Estado SólidoPartido Socialista EuropeoNacional: Partido Socialista Obrero Español90px3ªAshtonCatherine Ashton 1 de decembro de 200931 de outubro de 2014Comisaria de ComercioSociólogaPartido Socialista EuropeoNacional: Partido Laborista90px
Véxase tamén Ligazóns externas Web do futuro Servizo Exterior Web da AR no Consello Web da AR na Comisión
Categoría:Unión Europea