Gumersindo Rodríguez Costas, coñecido como Santiaguiño, nado en Tui e finado en Pontevedra o 11 de agosto de 1936, foi un industrial e sindicalista galego.

Traxectoria Panadeiro de profesión, era o líder da CNT en Tui. Colaborou en ¡¡Tierra!!. Cando as tropas nacionais entraron en Tui, os seus compañeiros tiñan preparada unha lancha para fuxir en Baiona, pero Gumersindo decidiu quedar. Fusilárono no Monte Aloia xunto a outros republicanos e guindárono nunha fosa. Ferido de bala na cabeza, o crego don Basilio, descubrindo que seguía vivo antes de soterralo, mandou que o enviasen ao Hospital Provincial de Pontevedra. Quedou cego e estábase recuperando, pero envelenárono e morreu días despois."Muere un revolucionario de Tuy", El Pueblo Gallego, 13-8-1936, p. 5.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Briallos, Antón (2003). "Vigo 1936. La contribución libertaria a la resistencia contra el alzamiento militar de 1936 en Vigo" Ateneu Libertário Ricardo Mella .

Ligazóns externas Os rostros soterrados do franquismo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Finados en 1936 Categoría:Sindicalistas da CNT