Vida Agraria foi un periódico editado en Tui entre 1922 e 1923.
Historia e características Subtitulado Boletín Oficial de la Federación Agraria Judicial del Partido de Tuy, apareceu en marzo de 1922.Segundo unha carta ao director aparecida en La Integridad o 8-6-1922, p. 2-3, que cita os números 2 e 3 de Vida Agraria que corresponden respectivamente ao 29 de abril e 27 de maio. O seu director foi Jenaro Carrera, substituído despois por Enrique Jaso Paz. De periodicidade mensual, deixou de publicarse a finais de 1922 para reaparecer en xaneiro de 1923 unha vez liberados os dirixentes das sociedades agrarias detidos a consecuencia dos sucesos de Guillarei. A súa liña, próxima ao obreirismo local, é contraria ao sistema foral, con críticas a Mariano Ordóñez García e a La Integridad. O último número coñecido (o 20) corresponde a novembro de 1923.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Tui
Categoría:Prensa agraria
Categoría:1922 en Galicia