<font color=#808040 size="3"> Purdue Boilermakers150px División División I da NCAA Subdivisión en fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS) Conferencia Big Ten Conference Alcume Boilermakers Mascota Purdue Pete Estadio de fútbol americano Ross-Ade Stadium(62.500 espectadores) Pavillón de baloncesto Mackey Arena(14.123 espectadores) 300px Purdue Boilermakers é o equipo deportivo da Universidade de Purdue en West Lafayette, Indiana. Os equipos dos Boilermakers participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big Ten Conference.

Deportes Baloncesto As orixes da sección de baloncesto datan de 1896. As súas mellores tempadas foron en 1969, cando chegaron por primeira vez á Final Four da NCAA, perdendo contra os UCLA Bruins, con Lew Alcindor á cabeza; e en 1980, onde conseguiron rematar outra vez entre as catro mellores universidades do país. Ó longo da súa historia foron 20 veces campións da súa conferencia.

En total 29 xogadores de Purdue chegaron a xogar na National Basketball Association (NBA), nos que salientan dous números un do Draft, Glenn Robinson en 1994, e Joe Barry Carroll en 1980.

Fútbol americano Ata 1889, o equipo de fútbol americano competiu de forma independente. En 1896 uníronse á Big Ten Conference. Os seus maiores logros son a consecución da Rose Bowl en 1967, ó gañar a South Carolina, e da Sun Bowl no ano 2002.

Outros deportes Ademais dos mencionados, compiten noutros 8 deportes, dos que hai que salientar os seguintes triunfos:

Campión da NCAA de golf feminino en 2010. Campión da NCAA de baloncesto feminino en 1999. Campión da NCAA de golf masculino en 1961.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Base de datos do equipo de fútbol americano

Categoría:Equipos da NCAA