William Maddock Bayliss, nado en Wolverhampton en 1860 e finado en Londres en 1924, foi un fisiólogo inglés.
Traxectoria Fillo dun comerciante de éxito, naceu nunha das principais localidades de Midlands do Oeste, pero pouco despois do seu nacemento a familia aveciñouse en Hampstead en Londres . En 1880 comezou a estudar medicina na University College London pero acabou deixándoo ao suspender anatomía, atraído pola fisioloxía estudou no Wadham College de Oxford con John Burdon-Sanderson. En 1888 volveu á University College de Londres como profesor axudante de Edward Albert Sharpey-Schafer e a partir de 1880 comezou a colaborar con Ernest Starling do Guy's Hospital, con quen en 1902 descubriu a secretina, hormona do páncreas.
Escribiu The Nature of Enzyme Action (1908), The Vaso-Motor System (1923). A súa mellor obra é Principles of General Physiology (1915), considerado o mellor libro sobre o tema na época. Notas
Categoría:Personalidades da fisioloxía Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Medalla Copley Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Profesores do University College London Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Nados en Staffordshire