Aarno Henrik Maliniemi, nado o 9 de maio de 1892 in Oulu e finado o 8 de outubro de 1972 en Helsinqui, foi un historiador finés, profesor asociado de literatura medieval latina (1926-1945) e titular de historia da igrexa na Universidade de Helsinqui entre 1945 e 1960.

Traxectoria Estudou na Universidade de Helsinqui e logo de acabar traballou na súa biblioteca a partir de 1915 e desde 1930 como o seu director. Experto na igrexa cristiá medieval, con especiais coñecementos da súa liturxia e música, estudou tamén a primitiva literatura de Finlandia e foi editor de repertorios bibliográficos e colaborador do Kulturhistoriskt lexikon.

Obra Der Heiligenkalender Finnlands (1925) Studier i Vadstena klosters bibliotek (1926) S.G. Elmgrenin muistiinpanot (1939) De Sancto Henrico (1942) Birgittalaisuudesta sekä kohtia Naantalin luostarin historiasta (1943) Zur Kenntnis des Breviarium Aboense (1957)

Categoría:Nados en 1892 Categoría:Historiadores de Historia da relixión Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades da relixión de Finlandia Categoría:Nados en Oulu