Diante Maurice Garrett, nado o 3 de novembro de 1988 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Tofaş S.K. da Basketbol Süper Ligi turca. Mide 1.93 m e pode xogar nas posicións de base e escolta.

Traxectoria Garrett xogou ó baloncesto universitario para os Iowa State Cyclones. Despois, comezou a súa carreira coma profesional no KK Zagreb en Croacia, para xogar despois no JSF Nanterre francés. Uniuse ós Phoenix Suns da NBA para os adestramentos de 2012, e conseguiu entrar no equipo para a tempada.

Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Miami Heat, proclamados campións a tempada anterior. Anotou 2 puntos, deu 2 asistencias e roubou un balón na derrota do seu equipo contra os Heat.

O 27 de setembro de 2013, asinou cos Oklahoma City Thunder, pero foi cortado o 25 de outubro de 2013 sen chegar a debutar. O 13 de novembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en Euroleague.net Perfil en Eurobasket.com Perfil en DraftExpress.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Zagreb Categoría:Xogadores do JSF Nanterre Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do Auxilium Pallacanestro Torino‎