MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datos MySQL con licenza libre GNU GPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle.

O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.

Sistema MariaDB emprega os números de versión, ata 5.5, seguindo a numeración de MySQL e as características son as mesmas.

MySQL tiña versión 5.0 á que seguiu a 5.5. MariaDB tivo versións 5.1, 5.2 e 5.3. Esas versións foron introducindo algunhas características, pero non tódalas funcións dispoñibles en MySQL 5.5.

Despois da versión 5.5, os desenvolvedores de MariaDB decidiron empezar unha nova rama numerando como 10. Este troco fíxose para deixar máis claro que MariaDB (no futuro) non importará tódalas características de MySQL 5.6 (porque algunhas delas non parecen ser o suficientemente estables para as normas de MariaDB).

Clientes DBEdit — aplicación libre para a administración para MariaDB e outras bases de datos. Navicat — series propietarias de aplicacións xestoras de bases de datos para Windows, Mac OS X e Linux. MonYog e SQLYog — xestor gráfico de bases de datos, monitor e avisos. HeidiSQL — cliente libre para MySQL en Windows. Incluído co paquete Windows MSI de MariaDB achegado coa versión.

APIs node-mariasql — unha API para node.js pon en funcionamento MariaDB e non bloquea operacións (compatible con MySQL).node-mariasql en github

Aplicacións As seguintes aplicacións teñen soporte oficial MariaDB: Drupal Kajona MediaWiki phpMyAdmin Plone SaltOs WordPress Zend Framework

Wikipedia en MariaDB En 2012 Wikipedia comezou a migración das súas bases de datos MySQL a MariaDBWikipedia comienza a migrar de MySQL a MariaDB.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos MySQL PostgreSQL Outra base de datos baseada en software libre. PHP Linguaxe en web comunmente usado con MySQL. Base de datos Bonsai cvs Appserv

Ligazóns externas Páxina web de MariaDB

Categoría:Aplicacións de xestión de datos Categoría:Bases de datos