El Tambre foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1920.
Historia e características
Subtitulado Semanario defensor de los intereses de la Región, apareceu en decembro de 1920.El Ideal Gallego, 11-12-1920, p. 1. Foi unha publicación de carácter propagandístico do candidato José María Paramés, que obtivo a acta de deputado a Cortes polo distrito de Muros-Negreira nas eleccións xerais de 1920. Defendía os intereses do Partido Conservador. Só se conserva o número 2, editado o 29 de decembro de 1920.
Notas
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1920 en Galicia