O Comité Soviético de Solidariedade con África e Asia (en ruso Советский комитет солидарности стран Азии и Африки, abreviado СКССАА, SKSSAA) foi unha organización da Unión Soviética, que pretendía contribuír por medio da solidariedade á liberación nacional dos países de África e Asia,Soviet Afro-Asian Solidarity Committee (SKSSAA) / Sovetskii komitet solidarnosti stran Azii i Afriki fundada en maio de 1956Dzasokhov, A. Loyalty to solidarity principles e era membro da Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos, funcionaba como un órgano semioficial da política exterior soviética que se financiaba por medio do Fondo de Paz Soviético e traballaba en coordinación co departamento internacional do Partido Comunista da Unión Soviética. O seu labor centrábase arredor do dereito de autodeterminación e do antirracismoAmos, Jennifer. Soviet Diplomacy and Politics on Human Rights 1945-1975 e contribuíu a crear a Universidade Patrice Lumumba.10Th Anniversary Of The Lumumba University
O SKSSAA publicaba, conxuntamente co Instituto de Estudos Orientais, o xornal sociopolítico e científico Aziia i Afrika Segodnia.Sahai-Achuthan, Nisha. Soviet Indologists and the Institute of Oriental Studies: Works on Contemporary India in the Soviet Union, in The Journal of Asian Studies, Vol. 42, No. 2 (Feb., 1983), pp. 323-343 O poeta taxico Mirzo Tursunzoda foi o seu presidente en 1968 e os integrantes das minorías caucásicas e centroasiáticaas estaban sobrerrepresentados na organización. Trala desaparación da URSS o SKSSAA desapareceu e o seu sucesor legal é a Sociedade Rusa de Solidariedade de Cooperación cos Pobos Asiáticos e Africanos.
Suráfrica A SKSSAA foi moi activa na loita contra o apartheid en Suráfrica. Axudou materialmente ao Congreso Nacional Africano no exilio e recibiron os seus membros na URSS para tratamento médico en hospitais, amais coordinou actividades para estudantes surafricanos na Unión Soviética.
Palestina Ata 1974 todos os visitantes da OLP eran convidados pola SKSSAA como fixo Yasser Arafat na súa visita a Moscova en 1970.
Notas
Ligazóns externas Declaración do CSSAA Comunicado conxunto co CNA
Categoría:Unión Soviética