Porto Seguro é unha cidade brasileira do Estado da Baía. Sitúase ó sur do estado, nunha rexión que foi a primeira avistada polo navegante portugués Pedro Álvares Cabral, a 22 de abril de 1500.
Características Todos os anos, turistas europeos, (principalmente portugueses e franceses) ademais de estadounidenses, arxentinos e israelís, e tamén millares de brasileiros de varias partes do país visitan a cidade e os seus distritos de Arraial d'Ajuda e Trancoso. Na cidade e nestes dous distritos hai igrexas e moitas casas que remontan ao período colonial brasileiro, que están preservadas por lei, e os seus propietarios non as poden modificar sen permisión do poder público.
No municipio sitúase o Parque Nacional do Pau Brasil e, non moi distante dela, o Parque Nacional do Monte Pascoal e o Parque Nacional do Descobrimento. A razón para a existencia destes parques é garantir a preservación do pouco que resta da Mata Atlántica, a selva orixinal que cubría a rexión cando da chegada dos brancos. Hai tamén unha aldea de indíxenas da etnia pataxó que preservan algúns costumes dos seus antepasados, pero non máis falan a súa lingua orixinal, pero si o portugués.
Para chegar á cidade dende Salvador recorrese 707 km pola estrada BR-101 e despois pola BR-367. Está a 1.120 km do Río de Xaneiro, a 1669 km de Brasilia, e a 1481 km de São Paulo por estradas asfaltadas. Hai tamén a opción do avión, xa que o seu aeroporto recibe ata voos internacionais.
Ademais do turismo, outras actividades económicas importantes son a agricultura (principalmente anacardo e coco), a gandería, e o comercio e algúns servizos.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas Prefeitura Municipal de Porto Seguro Informacións de turismo en Porto Seguro Información de turismo
Categoría:Cidades da Baía