A nécora (Necora puber) coñecida tamén como navalleira (no sur de Galicia)Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 46., andarica (na costa norte de Galicia, e en Asturias)Dicionario de dicionarios ou nocra, Necora puber, é un crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos (Portunidae) moi apreciado gastronomicamente e que se dá en relativa cantidade nas rías galegas. O xénero foi descrito por N. B. Holtius en 1987.Holthuis, N. B. (1987): "Necora, a new genus of european swimming crabs (Crustacea Decapoda, Portunidae) and its type species, Cancer puber L., 1767." Zool. Med. Leiden, vol. 61, nº 1, pp.1-14 (texto orixinal).
Características As principais características da nécora son as seguintes:González Gurriarán e Méndez (1985), p.81.
Casca (cacho) case oval, máis ancha que longa e algo aplanada, moi pubescente Ao que alude o seu nome específico, puber, do latín pūbēr, -ēris, "viril" —no sentido de "non neno"—, relacionado con pūbens, -entis, "cuberto de pelo", que lle deu Linneo. Rexión frontal con aproximadamente 10 dentes, dispostos irregularmente, sendo os dous centrais en xeral máis anchos que os demais. Os ollos son vermellos. Quelípodos (primeiro par de pata, rematados en pinzas) semellantes, robustos e pubescentes. Segundo a quinto par de pereiópodos (patas marchadoras) robustos; as do quinto par, aplanadas e prolongadas por pelos máis longos, adaptadas á natación. Abdome do macho cos segmentos terceiro a quinto fusionados, libres na femia. Cor parda avermellada, con manchas azuladas e vermellas nas patas. Nos exemplares capturados en Galicia, o ancho da casca chega até os 10,2 cm nos machos e aos 9 cm nas femias.
Hábitat e bioloxía Habita nas costas, principalmente en zonas con fondos rochosos e nos polígonos de bateas mexilloeiras (que teñen, en xeral, os fondos moi transformados e con abundancia de lama), desde o litoral até os 70 m de profundidade. os individuos xuvenís abundan en zonas de area a pouca profundidade, mesmo na zona intermareal.
Aliméntase de algas pardas, pequenos crustáceos e peixes mortos. Ás veces chegan a devorar outras nécoras.
Distribución Atlántico oriental, desde a costa oeste de Noruega até o Sáhara (incluíndo o Mediterráneo e o mar Negro).
En Galicia É unha especie abundante en toda Galicia, onde se captura principalmente con nasas e tamén con artes de arrastre.
En Galicia, ademais das que se pescan na costa, véndense tamén outras procedentes de Inglaterra, a Bretaña e Irlanda. As que se apañan en Galicia distínguense, segundo algúns, pola cor do cacho e a súa textura, que é suave, sendo as de fóra máis lisas e cun veludo máis fino que o das galegas.
A veda en Galicia adoita coincidir cos seis primeiros meses do ano."La nécora entra en veda en Galicia tras cerrar uno de los peores años de la década" Diario Faro de Vigo, 5/01/2012.
Usos: Gastronomía O principal uso da nécora é gastronómico. Adoita prepararse simplemente cocida en auga con sal nas zonas costeiras do Atlántico nororiental, Galicia (onde á auga para cocelas adoita engadirse unha folla de loureiro), Asturias, Cantabria, País Vasco, así como na parte occidental de Francia, e en Irlanda e Inglaterra.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5. González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Manual del marisco. (Prólogo: Domingo García Sabell. Epílogo: Luis Caparrós). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-49-2. Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Comer en Galicia. (Prólogo: Álvaro Cunqueiro). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-32-8. Outros artigos Marisco Gastronomía de Galicia Ligazóns externas Necora puber en MarLIN. Consultada o 28/12/2012. Necora puber en Mareis. Inclúe informacións dobre a bioloxía e mapa de distribución. Consultada o 28/12/2012. Ficha en pescaderiascorunesas.es
Categoría:Braquiúros Categoría:Animais descritos en 1767 Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Marisco Categoría:Taxons descritos por Linné