Non se debe confundir con Mariano Tito Vázquez (1870-1952), pintor.

Modesto "Tito" Vázquez, nado o 1 de xaneiro de 1949 en Rabal, en Ourense, é un ex xogador de tenis arxentino que foi profesional na década de 1970 e que posteriormente exerceu como adestrador de tenis e capitán do Equipo arxentino de Copa Davis en dúas ocasións.

Despois de proclamarse campión arxentino xuvenil en diversas ocasiónns seguiu coa súa formación na Universidade de California (UCLA), conseguindo tres títulos consecutivos da NCAA, e compartiu equipo con Jimmy Connors, entre outros. Formou parte do equipo arxentino de Copa Davis nos anos 1966, 1968 e 1970, e na súa carreira profesional destaca a súa actuación en dobres, modalidade na que conseguiu dous títulos en catro finais disputadas.

Tras finalizar a súa carreira profesional como xogador, converteuse en adestrador do tenista paraguaio Víctor Pecci, co cal chegou á final de Roland Garros en 1979. En 1986 converteuse en capitán do equipo arxentino de Copa Davis, o primeiro tras Vilas e Clerc. Alí conseguiu o ascenso ao Grupo Mundial e fixo debutar, entre outros, a Javier Frana. Antes fora capitán dos equipos de Copa Davis de Paraguai e Venezuela.

Traballou, entre outros cargos, durante sete anos como adestrador para a LTA (Asociación de Tenis do Reino Unido) e como director de desenvolvemento da AAT (Asociación Arxentina de Tenis), cargo que ocupa actualmente. Trala renuncia de Alberto Mancini como capitán arxentino de Copa Davis despois da derrota arxentina a mans de España na final do ano 2008, a AAT elixiuno como capitán por segunda vez e tivo este cargo nos anos 2009, 2010 e 2011, logrando cuartos de final, semifinais e final, perdendo por 3-1 ante España.

Títulos (2; 0+2) Dobres (2) Lenda Grand Slam (0) Tennis Masters Cup (0) ATP Tour (2)

Nº Data Torneo Superficie Parella Contrincantes na final 1. 1974 Hilversum Terra batida Guillermo Vilas Lito Álvarez Julián Ganzábal 2. 1976 Buenos Aires Terra batida Carlos Kirmayr Ricardo Cano Belus Prajoux

Finalista en dobres (2) Nº Data Torneo Superficie Parella Contrincantes na final 1. 1973 Jackson Dura (i) Jaime Pinto-Bravo Zan Guerry Frew McMillan 2. 1973 Kitzbuhel Terra batida Jose Mandarino Jim McManus Raúl Ramírez

Véxase tamén Ligazóns externas Modesto Tito Vázquez, el capitán Quién es Tito Vázquez Mi amigo, el Flaco...

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Celanova Categoría:Tenistas da Arxentina Categoría:Adestradores de tenis