La Crónica foi un periódico editado en Pontevedra entre 1872 e 1873.

Historia e características Subtitulado Periódico progresista democrático y órgano del Comité abolicionista de esta capital, apareceu en outubro de 1872. Fíxose eco do comité antiescravista creado en Madrid en novembro de 1868. Fundado e dirixido por Augusto E. Lorenzana. Entre os seus colaboradores figuraron Indalecio Armesto, Federico Sainz e Francisco M. González. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Andrés Landín. En febreiro de 1873 refundiuse con La República.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Crónica de Pontevedra Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1872 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos