Triesenberg é un concello situado na metade sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 2.562 habitantes.
Xeografía Limita ao norte coa cidade de Vaduz, ao nordés con Schaan e Planken, ao leste con exclaves de Schaan, Balzers e Vaduz, ao sur con Triesen e un exclave de Balzers, e ao oeste con Triesen. Ademais grazas ao seu exclave limita tamén co municipio de Nenzing (Austria).
O municipio está formado polas localidades de Triesenberg, Masescha, Silum, Gaflei, Steg e Malbun.
Lugares de interese
Parroquia de Triesenberg. Concello da cidade. Pista de esquí de Triesenberg. Museo Walzer (museo de historia da cidade).
left|thumb|Igrexa de Triesenberg. Comunicacións En Triesenberg hai teleférico para acceder ao alto da montaña, e que é visitado todos os anos por miles de turistas. Para chegar á cidade, pódese coller un dos moitos autobuses que comunican todo o país. Tamén se pode ir en coche ou en bicicleta, xa que hai moitos carrís bici. No municipio hai cinco pequenas aldeas, conectadas por unha rede de autobuses.
Deporte
O FC Triesenberg é un dos sete equipos que hai en Liechtenstein. Aínda que o deporte máis importante da cidade é o fútbol, outros importantes son o esquí e o snowboard, que se practican na estación de esquí que hai preto da cidade. Tamén se practican o hóckey e o balonmán, e estase a promover o ciclismo na cidade. En inverno realízase unha maratón que percorre o municipio.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial do municipio de Triesenberg
Categoría:Concellos de Liechtenstein