Fernando Martínez González, nado en Vilalba o 11 de novembro de 1952, é un economista e político galego do PSdeG-PSOE que foi parlamentario autonómico e concelleiro en Cerceda, sendo alcalde entre 1992 e 1995.

Traxectoria Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi apoderado de banca no Banco Central. Militou na UPG, ingresou no PSG en 1969 e posteriormente integrouse no PSdeG-PSOE. Aveciñado en Cerceda, foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985. Así mesmo encabezou a candidatura socialista en Cerceda nas eleccións municipais de 1983, formando inicialmente parte da oposición ata que en decembro de 1985 o seu compañeiro Jesús Orgeira Muíño foi elixido alcalde e pasou a ocupar responsabilidades de goberno con este. Os socialistas revalidarían o goberno con maioría absoluta nas municipais de 1987 e 1991, con Orgeira á fronte. En xuño de 1992 foi elixido alcalde tras presentar unha moción de censura contra o alcalde co apoio de 5 concelleiros socialistas máis un do PP. Tras ser inhabilitado xunto con Orgeira a finais de 1994, en febreiro de 1995 delegou as súas funcións no tamén socialista José García Liñares, o cal encabezaría a candidatura socialista no mes de maio e lograría a alcaldía con maioría absoluta.

Obras Contos e lendas da Terra Chá.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Cerceda Ligazóns externas Martínez: "Lo que negocies sindicalmente va a misa"

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cerceda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilalba

Categoría:Nados en 1952

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes