Antonio Martín Ramón Campos Romay, nado en Poio o 15 de maio de 1946, é un funcionario e político galego.
Traxectoria Titulado Mercantil e en Ciencias da Enfermería. Foi funcionario dos Servizos de Inspección Sanitaria da Consellería de Sanidade. Foi elixido concelleiro da Coruña polo PSdeG nas primeiras eleccións democráticas, foi tenente de alcalde e volveu ser elixido e nas municipais de 1983. Foi deputado provincial e portavoz do grupo provincial socialista. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG.
No verán de 1982, durante a mobilización contra as verteduras radioactivas, participou na expedición do Arosa I como representante do goberno municipal coruñés, asistindo despois como observador á VII Reunión Consultiva da Convención Marítima Internacional para prevención da contaminación mariña celebrada en Londres.
Foi colaborador habitual de Xornal de Galicia.
Obras Desde la fosa de la muerte, 1983 (con María García Añón e Fernando González Laxe). A ollada melancólica, 2009.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría: Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Escritores de Galicia en lingua galega Categoría: Nados en Poio Categoría: Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia