José Carlos Baños Márquez, nado en Vigo o 27 de maio de 1955, é un empresario e político galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é auditor de contas. Traballou na Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (1980-1983). Militante do PSdeG, foi concelleiro en Vigo de Economía e Facenda, Patrimonio e Contratación e Persoal (1983-1987) e director xeral de Vivenda (1987-1989). Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 1989. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 1993. Foi director financeiro dunha empresa viguesa do metal e director financeiro de Feve (2004-2005). Foi Director Xeral de Transportes (2005-2009).
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 88. Ligazóns externas Dimite el director xeral de Transportes de la Xunta para incorporarse a la empresa privada
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes