María Salomé Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 29 de outubro de 1947, é unha profesora e política galega.
Traxectoria Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, é Catedrática de Lingua Española e profesora no IES A Xunqueira de Pontevedra. Foi concelleira do BNG en Pontevedra dende 1991, foi responsable de Educación e da área de Muller. Foi elixida parlamentaria pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1997. Volveu ser elixida parlamentaria nas autonómicas de 2001. En 2001 asumiu o posto da vicepresidencia segunda da mesa do Parlamento.
Vida persoal Está casada con Afonso Ribas Fraga, co que ten catro fillos: Pedro, Alberto, Alfonso e Pablo.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Concelleiros de Pontevedra