A dos palemónidos (Palaemonidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos, a máis importante das 8 nas que se subdivide a superfamilia dos palemonoideos (Palaemonoidea).
Características Son camaróns que teñen o primeiro par de pereiopódos acabados en pinza e o carpo do segundo par de pereiópodos non está subdividido.
É unha familia moi diversificada e numerosa, e contén algunhas especies que son dos decápodos máis estudados, xa que son fáciles de encontrtar no litoral e se poden capturar doadamente.
Adoitan vivir entre as rochas e nas pradería de posidonia, e poden poñer ovos dúas o máis veces no ano, cousa pouco habitual nos decápodos.Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3, pp. 210-213.Història Natural dels Països Catalans. Enciclopèdia Catalana. Vol 9, "Artròpodes I", pp. 346.
Sistemática É unha familia moi extensa. Segundo a lista da ITIS, a familia Palaemonidae (Rafinesque, 1815), que comprende 82 xéneros e 660 especies, subdividídese en dúas subfamilias: Palemoninos (Palaemoninae Rafinesque, 1815) Pontoniinos (Pontoniinae Kingsley, 1878)
Dos 82 xéneres hai 3 catalogados como incertae sedis: Calathaemon Bruce et Short, 1993 Climeniperaeus A.J. Bruce, 1996 Cryphiops Dana, 1852
As especies máis comúns no Atlántico noroiental pertencen á subfamilia dos palemoninos.Història Natural dels Països Catalans. pp. 346-347.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Decápodos Carideos Camarón
Ligazóns externas NCBI: Palaemonidae en NCBI. Palaemonidae en World Register of Marine Species.
Categoría:Carideos