Marcos Sebastián Pérez Pena, nado en Montevideo o 11 de novembro de 1980, é un xornalista galego.
Traxectoria Doutor en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela desde o 24 de abril de 2006 cunha tese sobre o papel desempeñado polos medios de comunicación galegos no proceso da Transición. O seu labor investigador tense centrado na comunicación política, o estudo da opinión pública e as teorías da comunicación.
Traballou en La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, GzNación, Vieiros e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Foi director de Praza Pública. Colaborou tamén con revistas como Tempos Novos, Murguía ou ECO-Revista do Eixo Atlántico.
Obras Ensaio Milladoiro. A Galicia de Maeloc. Unha fotobiografía, 2006, Galaxia. A prensa en Galicia na Transición, 2016, Xerais.
Obras colectivas A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?, 2011, 2.0 editora, sobre o 15-M.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia https://www.xerais.gal/autor/marcos-perez-pena/
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na diáspora galega