Michael Chilufya Sata , nado en 1937 en Mpika, antiga Rodesia do Norte"China's stake in Zambia's election", BBC, 19 de setembro de 2011. e finado o 29 de outubro de 2014 en Londres foi un oficial de policía, taxidermista, ferroviario, sindicalista e político zambiano que resultou o quinto Presidente de Zambia, asumindo o cargo o 23 de setembro de 2011 e continuando no poder até o seu falecemento, o 28 de outubro de 2014.

Carreira política

Lidera a Fronte Patriótica de Zambia (PF), un importante partido político do país. Durante a presidencia de Frederick Chiluba, na década dos 90, Sata era ministro como parte do Movemento para a Democracia Multipartidaria (MMD), entón no goberno. Volveuse opositor no 2001, formándose o PF. Como líder da oposición, Sata foi popularmente coñecido como o Rei Cobra (King Cobra), porque emerxeu como candidato opositor rival de Levy Mwanawasa na eleccións de 2006 sendo, non obstante, derrotado. Tras a morte do presidente Mwanawasa, Sata postulouse novamente como presidente e foi derrotado por Rupiah Banda, en 2008. Finalmente vencería nas eleccións xerais de 2011 o entón presidente Rupiah Banda, co 42% dos votos.

Morreu no hospital King Edward VII de Londres, mentres se trataba dunha afección.

Notas

Véxase tamén Biografía por CIDOB

Categoría:Presidentes de Zambia Categoría:Nados en Zambia Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2014