Jordi Figueras Montel, nado en Lleida o 17 de maio de 1987, é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do UE Lleida de onde pasou ao Real Madrid C no ano 2005. No ano 2008 ficha polo Celta de Vigo B, e debuta co primeiro equipo en febreiro de 2009, facéndose coa titularidade ata que un ano despois ficha polo FC Rubín Kazán por 1 millón de euros.
Na tempada 2010-11 chega cedido ao Real Valladolid na Segunda División. Ao ano seguinte sería cedido ao Rayo Vallecano, porén no mercado de inverno foi traspasado ao Club Bruxas.
No mercado invernal da tempada 2012-13 chegou cedido outra vez ao Rayo Vallecano. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Club Bruxas Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Lleida